Dornablog
lunes 19 de octubre de 2009
Das dornas de Vilagarcía
Esta e a entrada que atopei e que coincide con algo do xa exposto no blogue do lado, o home conta como se fixeron as primeiras regatas da "clase nai" en Vilagarcía
miércoles 7 de octubre de 2009
REFLEXION DE OUTONO
Para min estivo marcada pola imposibilidade de ... sempre tiven algo que me impideu, polo que debo decir que as regatas en moitos casos fixenas de oidas, pois de ese xeito tamén se difruta. Si non podes estar, que polo menos cho conten e como me dixo Lino Prieto, non viñeches en todo ano e a unha que vez que ves, non ven o vento. Así rematou a tempada regateira, coa Encalmada do Marisco, ali debullando fios de vento e tratando de doblar pola Cabreira, sería moi fermoso o percorrido de poder celebrarse pero as fortes correntadas, e mais en mareas vivas, mandan no contorno da Toxa, moita correntada para facer rumbo sen vento, pero bueno a foto quedou polo menos para facer historia, primeira vez que se xuntan 3x dornas en esta regata.
Como quedou na retina a impresionante tarde da 25 Volta a Illa que se tivo que suspender, nunca antes se tiveran xuntado tantas dornas, a ocasión mereciao. Foi un pracer ver caras que aparecen nas fotos e ainda son coma nenos.
Hoxe, cando remataron as regatas penso na evolución en estos 10 anos a verdade e que é impresionante. Lembro que cando unha regata (hai 10 anos) xuntaba 25 dornas era un exito de participación, chegar a 30 era ... Este ano xuntamonos mais de 50 e penso que poderíamos xuntarnos mais ainda, pois en estes anos acomodamonos e ven menos xente da outra banda da Ría e mesmo parece que da traballo ir ala. Certo é que por outra banda estamos cheos de compromisos e a evolución do movemento "cultura maritima" esixe moito esforzo, que soio esta o alcance de uns poucos: solteiros ou colectivos similares, sen fillos e tolos pola fé, despois sempre imprescindible tempo libre. Para os demais, que somos moitos tornase dificil seguir o ritmo, non por falta de gañas.
Pois eso, si teño que quedarme cos feitos mais importantes, non me podo esquencer do Encontro de Muros e da 25 Volta a Illa.
O Encontro amosou a súa madurez, todo saeu ben, tamén oubo lagoas ou cousas que se poideron facer meior, ou que simplemente non se fixeron, e verdade, pero, que pedirlle a uns "matados" individuos que deixan o seu tempo en votar adiante un evento de esa magnitude?. Eu sinceiramente soio podo agradecerlle o seu esforzo e si podo os seguintes votarlle unha man, onde poida.

Creo que cada un ve o Encontro según como lle foi (como na feira). A min pareceronme un Encontro de encontros, que é a súa principal virtude polo menos a que mais me gusta, por eso agardamos tanto tempo e logo pasan tan rapido.
(Inciso sobre a súa temporalidade: alguén dí que si deben ou non deben ser cada dous anos?. Eu penso que sí, cada dous anos e itinerantes. Cicais profesionalizar un pouquiño, non moito a súa organización.)


Agora xa é noite.
jueves 1 de octubre de 2009
Carabeus e Barbas de Ghato.

Dias pasados faciamos unha varada -acto do Ano Cabanillas- as dornas da ACD. Dorna maioritariamente e do CM. Salnés, onde estas dornas estaban hai moitos anos, ainda que son mecas, ningunha leva carabeus, porque están en Cambados.Agora os arbores xa son outros, os fillos dos que facían a Alameda de San Tome. Juan, da Zenaida conversa con Suso que veu de Triana para San Tomé, logo tamén se acercou o Sr. Oliveira e o Sr. Cacabelos e o Sr. Costa que prometeu falarme das regatas, apura mentras poido, dixome con toda a coña. Tamén Cuca contaba as vistas dende a súa xanela ... Elvira decianos onde andabamos e as de Guimatur que nos votaban de menos, "que lle decimos os turistas, se non hai dornas?", comentaba. Esto de poñelas dornas a varar en San Tome e como poñer un palangre nun mar folgado de peixes famelicos.
Por certo para quen queira ver o espectaculo das dornas e Cabanillas (din que o mais bonito de todo o que se fixo, e foron moitos) está colgado en Yotube como "Homenaxe a Cabanillas" logo "Rimas o vento" ou dende o blogue dos do lado (ACD. Dorna), fermosisimas fotos.
viernes 18 de septiembre de 2009
OUTRA DE ALBARIÑO
Montañesa, Betty Boop, cal chega antes?
A Carmen pasalle polos "morros" a Semparada, Lino e Garrido decidiron facer a volta a bogar.A Chati, con Bea e Patri chega coa Siña Maria-Blue, que se lles adiantou por pouco, pero claro a alta tecnoloxía empregada polas Siña María -Black e Blue- o longo da tempada (din de eles que fixeron o "estaxe" pretempada en Meloxo Beach), xustificou a Chatí.
miércoles 16 de septiembre de 2009
X REGATA DO ALBARIÑO
A regata cambadesa ten un trazado condicionado (algún protesta, pero é o que hai) e vese moi afectado en función do vento (si non correntadas), pois o percorrido mais longo sempre e cara o Norte, calquera outro vento provoca unha regata rapida onde os rumbos sucedense a “un largo” ou en “popa”. Este trazado que por un lado non e bon, por facil, resulta bon e polo mesmo a regata pode ser unha festa.
Como decía douse a saida as 16,10 horas con vento frouxo do oeste (a pesares do señor xuiz), que se mantería durante toda a regata con leves caidas e repuntes que lle daban emoción o resultado. Decía Moncho Blanco “Monchito” despois dos primeiros pasos por boia, que nada estaba decidido e podían pasar moitas cousas, esto era así porque a saída, dende o peirao de Cambados rumbo a boia do Orido era unha bolina que como sempre divideu a flota en dous, os que foron cara a ponte da Illa (algun casi chega a Illa) e os que se van cara a Illa da Toxa, gañaron os que foron cara a ponte e pasou primeiro polo Orido a Cariñosa (para que despois se fale de peso a bordo), seguida da Pereka e a Xarandeira o resto dos galgos tamén en cabeza iban a corta distancia e en unha popa de novo a Cambados, mandados pola Cariñosa e a Pereka, por detrás alternabanse Jalerna, Xarandeira, Bazarra, Necora, Forza R e Fuxe, todos os galos, galiñas e pitos ata 33. Afrontábase o tramo longo, rumbo norte cara a ponte, dende Cambados hasta unha boia situada a altura da “Abelleira”. A trampa estaba en sair ben do peirao cambadés para tomar en un soio rumbo a punta de Tragove, quen non o fixo pagouno con postos, a verdade e que foron ben poucos os que tiveron problemas.
A flota navegaba nunha ringleira sen apenas espacios entre unhas e outras embarcacións o rumbo era claro e o “ventiño” axudaba a facer unha regata bonita e participativa. Os “piques” xurdiron durante todo o percorrido entre unhas e outras embarcacións, así cada grupiño disputaba unha regata particular o que lle dou un valor engadido a regata e fixo que todo o mundo o pasara ben, ou polo menos pareciao, tanto que de 33 dornas remataron 32 en tempo o 33 dixo que foi a boia da Abelleira dúas veces.
Así as cousas os da cabeza afiaron velas para non perder posto. Pola Abelleira xa estaba marcada a cabeza, disputarían o 1º posto dúas dornas a Pereka que encabezada o paso e a Cariñosa que na mesma boia da Abelleira cambiaba antes para o Orido e tomaballe a cabeza maxistralmente con un "interior", detrás Bazarra, Fuxe e Forza R que fixeran unha bonita remontada, logo, Xarandeira, Necora e A Rona de O Grove que animaba o grupo de cabeza presentado batalla.
Polo Orido a falta de un rumbo corto en popa pasaron alternando posicións Cariñosa e Pereka casi a un par e en ringleira o resto. Así as cousas todo estaba por decidir unha forte marcaxe entre todos e unha popa pechada hasta meta con un vento que amenazaba con quedarse en calquera momento (pero non se quedou) dende o Orido a Cambados vai moi pouco pero fixose eterno pois a tensión cortabase, ninguén se movía a bordo, calquera movemento podía facer que a embarcación se desventase o suficiente como para que outro se aproximase demasiado e así uns un pouquiño mais outros un pouquiño menos foron poñendo rumbo a meta. As entradas foron de “fotofinish” e casi sen marxen entre un grupo e outro. Primeira foi a “Pereka” que adiantou a “Cariñosa” logo a “Bazarra” que confirmaba a súa excelente tempada e logo “Xarandeira” e “Necora”, 6ª sería a “Jalerna”, 7ª “Fuxe”, 8ª “A Rona”, 9ª “Forza R” e 10ª a “Fungona” cambadesa.
Así, semparada hasta 32, de unha en unha e un duelo en cada entrada, cada acercamento a meta era unha final. Fermoso espectaculo o ofrecido en Cambados, de eses que fai afeczón. E que o bonito de estas regatas é que non rematan no día, sempre queda algo que comentar, de que como me pasaches ... aquel cambio que fixen ... mira que me fixeron. E logo entre cunca e cunca voltará a sair e deixará o sabor do salitre, do alquitrán, da dorna, dos amigos.
Remataba así un día da Valbanera onde se recordaban tamén as memorables regatas que no peirao cambadés se desenvolvían hai xa moitos anos.
martes 15 de septiembre de 2009
PREMIOS
DENDE AQUÍ QUERO FACER HOMENAXE A LABOURA QUE SE ESTÁ A FACER DENDE O BLOGUE DA ACD DORNA, QUE NOS PON O DÍA DE TODO O QUE PASA POR ALI E TAMÉN POR ALA E ACULLA.
GRAN TRABALLO. PARABENS.